E chegou o día, este
sábado 16 de novembro de 2013, inaugurouse a exposición dos
traballos no Museo do Pobo Galego, ao lado de onde descansan entre
outros: Rosalía e Castelao. Nerviosos pola responsabilidade e por
coñecer a impresión que causaría a exposición nos visitantes e nas autoridades.
Ao final todo foi ben, viñeron a facernos compañía neste día tan
especial, as colegas das Escolas de Cerveira co seu director e a
Vereadora da Cámara Municipal de Vilanova de Cerveira, compañía que
agradecemos no momento de recibir o premio, tamén nos lembramos de
Fuco Fariña que nos orientou e animou durante este ano de traballo
tan intenso.
Os nervios e as presas
fixeron que non agradecéramos, durante o acto, a varias persoas que
nos axudaron moito para rematar a exposición: María José e Ana
que recolleron as nosas desfeitas de material, Antonio
que dirixiu a maqueta, Manuel Fernández Doallo que nos adicou dous días de traballo, e moi especialmente a Manuel Vilas Tobío
que recolleron as nosas desfeitas de material, Antonio
que dirixiu a maqueta, Manuel Fernández Doallo que nos adicou dous días de traballo, e moi especialmente a Manuel Vilas Tobío
encargado do mantemento no
museo que nos orientou, facilitou utensilios e mantivo unha grande
condescendencia con tódolos nosos requirimentos.