jueves, 21 de marzo de 2013

CURIOSIDADES DO SÉCULO XVII

Se queredes saber que ocurriu no século XVII, non tedes máis que entrar na seguinte presentación. Hai cousas realmente curiosas.



miércoles, 20 de marzo de 2013

A ORQUESTRA BARROCA

    Ao longo do século XVII a música instrumental independízase da vocal. Precisamente a orquestra nace no barroco grazas á perfección que acadan os instrumentos de corda. O número de instrumentos que a formaban era variable e dependía moitas veces do número de músicos que estaban disponibles nun determinado momento. Como diciamos foi a época do violín e da súa familia (viola, violoncello e contrabaixo) que van ser o núcleo central da orquestra barroca.
     Con respecto aos instrumentos de vento comezou a usarse o antepasado da actual trompa, coñecido daquela como "corno de caccia".


Daquela non existía ainda o director de orquestra tal e como o coñecemos hoxe. O que normalmente se encargaba de dirixir era o intérprete do primeiro violín, do clavicémbalo ou do órgano. Era coñecido co nome de mestre de concerto e dirixía sentado no  lugar onde estaba tocando.

Unha formación orquestral media estaba formada aproximadamente por vintecinco músicos. Violíns, violas, violonchelos e contrabaixo formaban a seccion de cordas. Frauta, oboe e trompeta a sección de vento, un ou dous clavicembalos e algún que outro instrumento máis que podía ser variable.

Hoxe para ir rematando deixovos novamente con Vivaldi, desta vez intepretado pola oquestra barroca de Venecia. Na vindeira entrada de música no barroco profundizaremos en varios instrumentos característicos e falaremos dos famosos luthiers da época.





jueves, 14 de marzo de 2013

A MÚSICA NO S. XVII: O BARROCO

O estilo musical dominante en Europa nesta época é o BARROCO, que abarca aproximadamente desde o nacemento da ópera (arredor do ano 1600) ata a morte de Johann Sebastian Bach no 1750.


A meirande parte dos compositores da época barroca traballaban ao servizo de mecenas (persoas con moitos cartos que os mantiñan para que puideran adicarse totalmente a compoñer). Ao longo dos vindeiros meses traballaremos os seguintes:

De ALEMANIA : BACH e Telemann.
De INGLATERRA: HAENDEL e Purcell
De ITALIA: VIVALDI e Monteverdi
De FRANCIA: LULLY e Charpentier.
De ESPAÑA: Francisco Correa de Arauxo.

Falaremos da importancia da improvisación e do baixo continuo, da primeira ópera (Orfeo de Monteverdi), escoitaremos as obras máis representativas da época, investigaremos sobre os instrumentos que formaban parte da orquestra barroca, dos seus luthiers e das danzas da época. Tamén investigaremos sobre a música que se facía en Galicia...pero coido que xa vos estou adiantando demasiado. Polo de agora deixovos que lle vaiades dando xa a benvida á Primavera...

domingo, 10 de marzo de 2013

MULLERES SÉCULO XVII

Este curso xira arredor do SÉCULO XVII.
No DÍA INTERNACIONAL DO MULLER quixemos lembrar ou dar a coñecer a situacion na que vivían. 
Así, fixemos un percorrido ao longo do século para destacar a notable historia dalgunha destas mulleres.

Aproveitamos esta data para recitar poesías recollidas en "Cantares gallegos" de ROSALÍA DE CASTRO con motivo do 150 aniversario da súa publicación.

viernes, 8 de marzo de 2013

COMO MEDRAN AS NOSAS PLANTAS

Despois de tanto esperar, regar e mimar, comezaron a nacer as nosas plantiñas. Observamos detidamente como unha delas ía medrando e retratamos o seu crecemento ao longo de case un mes. Este é o resultado.

miércoles, 6 de marzo de 2013

MIGUEL E A LENDA DO TARDO




O alumnado de 1º cambia PIRULETA  por un CONTO. Neste caso por unha LENDA.

Miguel, alumno de 6º, contounos hai uns días a lenda do TARDO.
         
          O TARDO é un ser da mitoloxía galega similar a un trasno.