OLEIROS
Despois de tanto tempo esperando, por fin, OS OLEIROS chegaron ao cole.
Dende NIÑODAGUIA chegounos barro do bo, imaxes e a información precisa
para poder comezar.
Montamos un pequeno expositor
onde se recollen os pasos que hai que ir dando para ter rematada
unha peza de barro.
PASOS A SEGUIR
1.- EXTRAER A ARXILA |
2.- TRITURALA |
3.- PASALA POLA AMASADORA para quitarlle as burbullas. |
5.- SECADEIRO sécase a | temperatura ambiente |
4.- TORNO, con ou sen molde |
6.- FORNO, onde se cocen as pezas |
7.- PEZA REMATADA
Tamén puidemos ver as imaxes dos fornos antigos,
fornos comúns que eran empregados por todo o pobo e que ían con CODIA DE CARBALLO ou TOXO.
Unha vez que asentamos todas estas ideas, madurámolas e comezamos co traballo máis creativo.
Falades do barro é de Niñodaguia, pero non teño claro onde están eses fornos que ían con codia de carballo e toxo. ¿Podedes dicirmo?
ResponderEliminarSerá pola miña torpeza pero tampouco consigo saber a qué centro educativo pertence este blog tan interesante.
Os fornos dos que nos comentas están nunha pequena zona común no pobo de Niñodaguia, pobo que pertence ao concello de Xunqueira de Espadañedo, despois do Alto do Couso, provincia de Ourense.En total son tres fornos que neste momento están restaurados, polo menos dous deles xa que fai anos deixaron de traballar pois como ben sabes, esa é terra de oleiros e cada artesán foi obrando forno propio na súa casa.
EliminarPero se queres saber un pouquiño máis, o pasado 26 de maio deste ano na TVG retransmitiron un programa que se chama "GRANDES LUGARES" e que xira arredor desta terra cunha tradición tan grande na olaría. Saen imaxes dos fornos, da extracción da arxila, etc. Entrando na páxina da TVG só tes que buscar no día 26 de maio.
O cole do que falas é o CEIP de Goián, está no pobo de Goián , concello de Tomiño (Pontevedra.
Esperamos serviche de axuda.
Un saúdo e moitas grazas.
Es increible, la forma que toma el barro en esas manitos.......y la carita de los niños al ver la transformación. Felicidades por el trabajo! Talveés, el día de mañana uno de ellos se mire artesano y recuerdo estos momentos con ternura. Un saludo!
ResponderEliminarClaudia
Grazas Claudia. Un saúdo
Eliminar