domingo, 27 de abril de 2014

MAQUETA DO FORTE DE SAN LOURENZO


Este forte ten un gran enraizamento na zona e polo tanto, decidimos que sería motivante para o noso alumnado empezar o proxecto facendo unha maqueta do forte tal e como foi pensado para a súa inauguración. Recorremos a planos dese momento e barallamos os distintos materiais con que se podía levar a cabo, decidíndonos finalmente por a pedra do país, deu máis traballo pero da a impresión de grandeza que fai sentir o orixinal.
 A construción da maqueta durou todo o curso, e deu traballo a tódolos alumnos de primaria, polo que pensamos axudará a valorar máis este património histórico.
  Mercáronse tiras de pedra de distintos grosores mandados cortar nunha serraría de pedra do concello que nos fomos torando e pegando cos alumnos. O Magister muri da obra foi o director do centro, Antonio Fernández Bahamonde. 
 Deixámosvos aquí unhas fotos do traballo, para ver
o orixinal pasade pola escola. Seredes ben recibidos.

 


domingo, 17 de noviembre de 2013

EXPOSICIÓN NO MUSEO DO POBO GALEGO

E chegou o día, este sábado 16 de novembro de 2013, inaugurouse a exposición dos traballos no Museo do Pobo Galego, ao lado de onde descansan entre outros: Rosalía e Castelao. Nerviosos pola responsabilidade e por coñecer a impresión que causaría a exposición nos visitantes e nas autoridades. Ao final todo foi ben, viñeron a facernos compañía neste día tan especial, as colegas das Escolas de Cerveira co seu director e a Vereadora da Cámara Municipal de Vilanova de Cerveira, compañía que agradecemos no momento de recibir o premio, tamén nos lembramos de Fuco Fariña que nos orientou e animou durante este ano de traballo tan intenso.
Os nervios e as presas fixeron que non agradecéramos, durante o acto, a varias persoas que nos axudaron moito para rematar a exposición: María José e Ana 

 
que recolleron as nosas desfeitas de material, Antonio 


que dirixiu a maqueta, Manuel Fernández Doallo que nos adicou dous días de traballo, e moi especialmente a Manuel Vilas Tobío


 encargado do mantemento no museo que nos orientou, facilitou utensilios e mantivo unha grande condescendencia con tódolos nosos requirimentos.
Achegámosvos unhas fotos dos rapaces durante a inauguración, se vos gusta e queredes ver máis, xa sabedes, no Museo do Pobo Galego en Santiago ata o día 15 de decembro que remata a exposición.



viernes, 15 de noviembre de 2013

MULLERES DO S.XVII: MANUELA ESCAMILLA

Iou sun Manoliiiitaaa.... a muller das mil caras”
(traducido do goianés: “Eu son Manoliiiitaaa.... a muller das mil caras”)


Ser muller no século XVII non era doado. Eu fun afortunada, puiden traballar no que máis me gustaba: o TEATRO e dar vida a distintas personaxes. Velaquí tedes un exemplo de todas as “mulleres” que fun.

domingo, 10 de noviembre de 2013

LIÑA DO TEMPO

Para os que nos adicamos a isto da ensinanza é fácil comprender a dificultade que entraña situar aos alumnos destas idades no espazo e no tempo. Antes de iniciar o traballo pensamos que representar de xeito gráfico o desenvolvemento histórico da comarca axudaría a súa comprensión, e moito máis se eles decoraban os gráficos. Decidimos pois decorar as escaleiras do centro cunha “liña do tempo”, iniciándose coa aparición do ser humano fai catro millóns de anos, amosando as primeiras ferramentas líticas das que en Goián se atoparon gran número delas, ata a idade moderna, época na que se construíron os fortes. 



 




 Procuramos utilizar imaxes representativas de cada época que se atoparan na zona, moitas delas para visitar ou xa visitadas polos nosos alumnos na actividade que chamamos “Taraes”,
nome que o historiador Manuel Fernández de Goián daba a esta parte do río.
. Quédanvos aquí unhas pequenas mostras do traballo, se queredes ver o resultado final estades convidados a achegarvos ao CEIP Pintor Antonio Fernández para velo.






sábado, 9 de noviembre de 2013

O FORTE DE S. LOURENZO E A SÚA INTEGRACIÓN NOS USOS E COSTUMES DA ZONA

No traballo de investigación do noso alumnado, descubrimos que a presencia dos fortes, en particular o de San Lourenzo, está no imaxinario colectivo dos habitantes da zona e crea unha sinal de identidade. As veces utilízanse símbolos presentes no forte para identificarse como grupo. Tal é o caso do uso de un dos escudos que flanquean a entrada do forte de San Lourenzo e que representa ao Gobernador militar de Galicia naquel momento, como escudo do equipo de fútbol da localidade.

O forte ou castelo como adoitan chamalo os veciños, deu nome a gasosas ( EL CASTILLO), que logo tiveron que renomear por coincidir con outra marca de leite de ámbito estatal. Os veciños acudían ao forte a sacar fotos os días sinalados, o pintor Antonio Fernández representaba nos cadros a entrada do forte; a Concellería de Cultura do Concello de Tomiño utiliza como anagrama parte da planta do forte, tamén formou parte de carrozas do entroido goianés, e mesmo aparece nas etiquetas dos licores de augardente que se comercializan na zona. Sen ir máis lonxe, neste ano de 2013 a Asociación de Comerciantes de Tomiño (ADETO) utiliza nas súas propagandas cadros do forte pintadas por A. Fernández.
 
 O Goián Fúltbol Club, utiliza un dos escudos da entrada do forte de S. Lourenzo como identificador do grupo deportivo. A emigración a América, sobre todo Brasil e Estados Unidos foi moi forte a principios do século pasado, chegando a fundarse en Nova York un Goián F.C., e o escudo da entrada do forte de S. Lourenzo  paseouse polos campos de fútbol neoyorkinos.
 O Goián F:C: de New York  foi campión da liga hispana no 1925. 

A FIASTA



Logo de recuperar, no século pasado, o forte de San Lourenzo para a propiedade pública, e ante o estado de abandono que representaba pois as autoridades non apostaban polo súa recuperación, un grupo de veciños, inicia a recuperación do espazo para celebrar unha festa, en goianés dise FIASTA, con actividades lúdico-educativas que se celebrou durante varios veráns.

jueves, 7 de noviembre de 2013

A TOPONIMIA DOS FORTES

A toponimia aporta datos relevantes sobre a historia e os usos e tradicións dos lugares. Os nosos alumnos fixeron unha investigación a partir dos topónimos  próximos aos fortes. Unha gran apartación foi a que nos fixo Pablo Pousa, que presentou nun plano os nomes de fincas moitos xa descoñecidos polo veciños. Houbo tamén quen aportaba teorías curiosas para explicar ditos topónimos. Por exemplo hai quen asocia o Pibidal con pebidas de ouro, ou Medos co temor.

Podedes ver unha foto aérea cos nomes e unha presentación coa explicación que os nosos alumnos fixeron logo de investigar sobre os termos.




Para pasar as páxinas preme sobre a imaxe inferior:

Os nosos CONTOS MODERNOS


               Estudando os escritores e escritoras do S. XVII, descubrimos a Perrault e os seus contos clásicos. Ocorréusenos a idea de facer uns contos modernos, baseándonos neles; pero modificándoos desde a perspectiva de xénero.
             Os nenos e nenas puxeron a súa imaxinación a funcionar  e o resultado foi este libro, encadernado de xeito artesanal por Emilio Insua García de Viveiro.