martes, 29 de octubre de 2013

A LENDA DA ESPADA DO MOURO

Stop Motion da lenda goianesa "A Espada do Mouro" realizado co alumnado de 4º de Primaria durante o mes de outubro do 2013. Adaptamos a lenda, deseñamos as personaxes e os decorados e con moita paciencia e moitas risas fomos construindo esta superproducción foto a foto. Pablo e Pío de Deica Audiovisual dirixiron o obradoiro e encargáronse da montaxe final. Este foi o resultado. Desexamos que a gocedes tanto coma nós. Xa nos veredes nun chimpín polo Festival de Cans.



sábado, 12 de octubre de 2013

ALCUMES OU ALCUNHAS

Os alcumes ou alcunhas que din no portugués, son un xeito de sobrenome que identifica nos nosos lugares a persoas ou grupos familiares. No Baixo Miño e Cerveira son moi afeccionados a poñer este tipo de sobrenomes que no caso de Goián leva implícito moitas veces a variable dialectal do goianés.

Dado que, como dixemos, afecta a grupos familiares e polo tanto son herdanza, pensamos que facendo un seguimento dos mesmos poderiamos atopar algún que tivese relación cos fortes.

Armados cunha ficha de recollida de alcumes, os nosos investigadores perseguiron a tódolos informantes que tiña unha certa idade para recoller tamén alcumes que xa estaban perdidos ou esquecidos.

De tódolos alcumes de Goián fixemos unha base de datos que está a vosa disposición, máis abaixo veredes como consultala, tamén podedes consultar en formato pdf as fichas dos investigadores cerveirenses que fixeron un moi bo traballo.

Revisados todos atopamos dous alcumes de familia en Goián e Soutelo que claramente teñen relación co tema que tratamos: FACHEIRO e GRANADERO.


GRANADERO: Grandero no exército, era o portador das granadas. Suponse que este alcume ven de algún membro do forte ou dun familiar.
 

FACHEIRO: Famila que sería encargada de facer os fachos e de acender o lume no monte dos Fachos, para avisar dos perigos.

Podedes velos na seguinte foto de finais do século XIX ou primeiros do XX, tamén escoitar a dous dos membros desta familia na actualidade no apartado de Contos e Lendas, son Araceli e a súa neta Xulia.






Deixámosvos un par de exemplos das fichas de recollida, neste caso dos compañeiros de Cerveira e debaixo un listado onde teredes acceso, tanto a base de datos como as fichas das alcuhas de alumnos de Vilanova.




Fichas e base de datos (feita en Openoffice), preme no nome


TABLA DA BASE DE DATOS- CATARINA 3ºB - GONÇALO  -  TIAGO CABODEIRA - RODRIGO - BEATRIZ MANUELA - CAROLINA - CATARINA - EDUARDO - JOÃO CERDEIRA - JOÃO JÚNIOR - LUÍS - SARA

jueves, 10 de octubre de 2013

A CONTENDA DOS LABRADORES DE CALDELAS

 Esta obra de teatro de 433 versos, parece que foi escrita polo licenciado Gabriel Feixoo de Araúxo no 1671, foi publicada por Fermín Bouza Brei no 1953 co título: ENTREMÉS FAMOSO SOBRE LA PESCA EN EL  RÍO MIÑO.
 A aparición desta obra, supón a confirmación dun teatro galego nos Séculos Escuros, non vencellado ao entroido nin a celebracións litúrxicas.
 A obra parece baseada nun feito real, contenda que seguramente xurdiría a miúdo logo da independencia de Portugal no 1668. Conta como un fidalgo portugués entra en litixio  por tentar facer o dobre de lances no río que os galegos, con liorta de por medio, remata a obra cun baile de confraternidade.


 Para rematar o curso e no festival que pon fin ao mesmo, os alumnos de sexto representaron unha adaptación da Contenda feita polo seu titor: Antonio Fernández Bahamonde, acurtando o número de versos e trasladando os feitos a zona de Goián.