domingo, 17 de noviembre de 2013

EXPOSICIÓN NO MUSEO DO POBO GALEGO

E chegou o día, este sábado 16 de novembro de 2013, inaugurouse a exposición dos traballos no Museo do Pobo Galego, ao lado de onde descansan entre outros: Rosalía e Castelao. Nerviosos pola responsabilidade e por coñecer a impresión que causaría a exposición nos visitantes e nas autoridades. Ao final todo foi ben, viñeron a facernos compañía neste día tan especial, as colegas das Escolas de Cerveira co seu director e a Vereadora da Cámara Municipal de Vilanova de Cerveira, compañía que agradecemos no momento de recibir o premio, tamén nos lembramos de Fuco Fariña que nos orientou e animou durante este ano de traballo tan intenso.
Os nervios e as presas fixeron que non agradecéramos, durante o acto, a varias persoas que nos axudaron moito para rematar a exposición: María José e Ana 

 
que recolleron as nosas desfeitas de material, Antonio 


que dirixiu a maqueta, Manuel Fernández Doallo que nos adicou dous días de traballo, e moi especialmente a Manuel Vilas Tobío


 encargado do mantemento no museo que nos orientou, facilitou utensilios e mantivo unha grande condescendencia con tódolos nosos requirimentos.
Achegámosvos unhas fotos dos rapaces durante a inauguración, se vos gusta e queredes ver máis, xa sabedes, no Museo do Pobo Galego en Santiago ata o día 15 de decembro que remata a exposición.



No hay comentarios:

Publicar un comentario