lunes, 18 de febrero de 2013

O ENTRUIDO

Chega o entruido a Goián, festa principal na localidade, e o noso centro visita o século XVII, século que deu orixe aos fortes dos que trata o noso traballo. O venres de entruido apareceu o centro cunha banderola na entrada e convertido nun forte, 







 soubemos que era o de San Lourenzo pola inscripción da porta e polos escudos dos lados,





  máis tarde por aquela porta xurdiron o venres de entruido:
pintores famosos,




familias nobres como os Correa e Ozores,








labregos empezando a entenderse co millo e coas castañas da terra,



pescadores do Miño cos seus peixes e carocho,






os mosqueteiros franceses (supoñemos que apoiando aos portugueses) que deron unha volta polo entroido da Vila da Barca,





e a inquisición, con monxes, monxas, Papas e algo fundamental naqueles anos: os sambenitos. Pechaba o desfile a treboada "Os da Fonte do Frade".