jueves, 25 de abril de 2013

PESCADORES 

Iniciámonos neste oficio visitando, en Vilanova de Cerveira, un coidado e exquisito AQUAMUSEU, museo que recolle en nove aquarios os diferentes peixes que podemos atopar no Río Miño así como unha sala onde aparecen os diferentes aparellos de pesca que se levan empregando dende hai décadas.


Aquamuseu    Vilanova de Cerveira

Pero, sen dúbida, unha das imaxes que máis nos gustou foi poder disfrutar uns minutos coa parella de LONTRAS, único mamífero en perigo de extinción que convive no río con outro tipo de animais. Así a vimos:
 



Xa mergullados neste oficio comezamos a nosa particular exposición sobre todo o que aprendimos. Xurdiron termos como: nacemento do Río Miño, Océano Atlántico, zona alta, media, baixa e estuario, pesqueira, caneiros, nasas, rede, viturón, esparavel, carocho ... A todo esto, ademáis de darlle nome demos explicación e deseñamos ilustracións para o noso mural.
Aquí tedes o proceso:










 









 












 Para complementar o traballo fixemos un CAROCHO



ou polo menos intentámolo.

Finalmente e, para dar por rematado o traballo de investigación tivemos a sorte de poder contar cun invitado de excepción, MANUEL, pescador dende case antes de nacer, coñecedor de boas artes e maneiras, e, que non tivo reparo en contarnos e mostrarnos como e en qué consiste esta cada vez máis complexa e castigada ARTE DA PESCA.

Estas son algunhas das imaxes coas que nos quedamos:


 

Manuel trouxonos ao colexio unha fermosa rede  que empregan para a pesca.
Xa que a tiñamos a man, aproveitámola para colgar os peixes que fumos vendo ao longo deste traballo: LAMPREA, SOLLA, TROITA, SALMÓN (disque é o rei do río), ANGUÍA ...

MANUEL E ENLACE, MOITAS GRAZAS POLA COLABORACIÓN!!

domingo, 21 de abril de 2013

PLANTACIÓN

 Logo de pasar o diluvio, sae o sol e imos a poder ter unha xornada de plantación. Todo o curso coidando nas plantas para ver chegar este momento. 
 Plantamos en dous lugares distintos coa colaboración dos axentes do SEPRONA e da  Comunidade de Montes de Goián    que nos apoiou dun xeito insuperable, aproveitamos para darlle as gracias e decirlles que estaban moi bos os bocatas e o chocolate.
Nun terreo da Comunidade de Montes próximo a escola fixemos o viveiro de plantas das landras de carballo e sobreira recollidas no Forte de San Lourenzo e que transplantaremos o curso que ven. Noutro tamén próximo a escola fixemos outra plantación con árbores aportadas pola Comunidade de Montes.


 Saímos todos da escola e ao chegar ao semáforo do Punto dividímonos para cada lugar de plantación.

 







Empezamos explicando e organizando o traballo de marcar e facer furados, os maiores apandaron co maior esforzo.
  



 

Rematada a primeira quenda, cambiaron os grupos de lugar de plantación

 









 e chegaron os de 1º e 3º que plantaron por parellas de distintos cursos.

 









 
Unha vez rematada a tarefa, recollido todo o lixo e regadas as plantas, volvemos a escola cansados, pero impacientes por transplantar os carballos e sobreiras o curso que ven.




lunes, 8 de abril de 2013

OFICIOS


Inmersos no século XVII, o alumnado de 1º estamos a ver os oficios desta época. Traballaremos con PINTORES, con PESCADORES, falaremos sobre os ALFAREIROS e TELLEIROS, visitaremos un PANADEIRO e coñeceremos cómo tecían e elaboraba a roupa as TECEDORAS.

“A aprendizaxe dun oficio no século XVII facíase mediante contrato ante un escribán e , cando o aprendiz estaba apto, o maestro que o mantuvo dáballe un traxe completo e alguna ferramenta de oficio para que se puidese gañar a vida.
O maestro percibía unha cantidade que variaba de 10 a 50 ducados durante o tempo de aprendizaxe pero tiña que manter e vestir ao alumno. Ninguén podía desempeñar un oficio sen estar previsto de carta de exame firmada polo alcalde e signada polo escribán”.

PINTORES
Ao longo deste século destacaron pintores e alguna pintora famosa polas súas obras e talento artístico.
Vimos ao sevillano BERTOLOMÉ ESTEBAN MURILLO e a obra "SAGRADA FAMILIA DEL PAJARITO", así como á portuguesa JOSEFA DE OVIDOS e a obra "CORDERO PASCUAL".
Pero o tema central xirou arredor do gran pintor VELÁZQUEZ e o seu cadro "AS MENINAS". 
 

Arredor do tema da pintura e deste cadro en particular xorden termos novos que traballamos arreo. Palabras como LIENZO, ÓLEO, PALETA, ESPÁTULA, MENINAS, NOBREZA, etc.

Finalmente fixemos a nosa obra particular tomada do mesmo VELÁZQUEZ e pintamos á INFANTA MARGARITA.
Aquí tedes o proceso:


 
 

 E O RESULTADO FINAL

 ESTA É A IMAXE DA NOSA PARTICULAR EXPOSICIÓN DA 
PINTURA DO SÉCULO XVII



Aproveitando o traballo de PINTORES, tivemos unha visita na aula, o ilustrador galego ORBALLO. Despois de contarnos en que consiste o seu traballo convertémonos en ilustradores por un día e demos forma a un conto que empregaremos de introducción ao novo oficio que imos traballar. 

Aquí queda o conto que relata diversas historias no RÍO MIÑO de un neno chamado MARIO e unha nena que se chama MARÍA. 
O seguinte oficio do que xa teredes máis información é o de PESCADORES.



martes, 2 de abril de 2013

OS INSTRUMENTOS MUSICAIS NO SÉCULO XVII

Por aquí vos deixo unha presentación cos instrumentos máis característicos da música barroca. Ide botándolle un ollo, nos vindeiros días trataremos disto na clase e así me comentades as vosas impresións. ¿Cal será o voso instrumento barroco preferido?