viernes, 27 de septiembre de 2013

Danza de Espadas de Baiona

E xa que durante o desenvolvemento deste proxecto estudamos os diferentes oficios e estamentos sociais quixemos aproveitar a saída de fin de curso do Segundo Ciclo de Educación Primaria á vila costeira de Baiona para profundizar na súa Danza de Espadas. A primeira noticia escrita que se ten sobre este baile figura nun documento que se conserva no arquivo municipal que data do ano 1595. A danza debe a súa orixe ao antigo gremio de mareantes, de histórica tradición nesta Real Vila. Pode ser bailada por casi 50 homes que portan unhas espadas coas que compoñen distintas figuras. O resultado da montaxe da danza por parte do alumnado de 3º de Ed. Primaria amosámolo no Festival de Verán do cole e quedou do seguinte xeito. Grazas Anxo.


DANZA DE ESPADAS. FIN DE CURSO 2013.

martes, 24 de septiembre de 2013

XOGOS DO SÉCULO XVII

O xogo nos animais, entre eles o home, cumpre unha función de integración do entorno no que se desenvolve o infante, preparando a estes para o desenvolvemento na vida adulta.
Os alumnos de cuarto coa dirección do mestre Miguel Romero estudaron os xogos no século XVII, elaborando un mural e un vídeo sobre o tema.