jueves, 25 de abril de 2013

PESCADORES 

Iniciámonos neste oficio visitando, en Vilanova de Cerveira, un coidado e exquisito AQUAMUSEU, museo que recolle en nove aquarios os diferentes peixes que podemos atopar no Río Miño así como unha sala onde aparecen os diferentes aparellos de pesca que se levan empregando dende hai décadas.


Aquamuseu    Vilanova de Cerveira

Pero, sen dúbida, unha das imaxes que máis nos gustou foi poder disfrutar uns minutos coa parella de LONTRAS, único mamífero en perigo de extinción que convive no río con outro tipo de animais. Así a vimos:
 



Xa mergullados neste oficio comezamos a nosa particular exposición sobre todo o que aprendimos. Xurdiron termos como: nacemento do Río Miño, Océano Atlántico, zona alta, media, baixa e estuario, pesqueira, caneiros, nasas, rede, viturón, esparavel, carocho ... A todo esto, ademáis de darlle nome demos explicación e deseñamos ilustracións para o noso mural.
Aquí tedes o proceso:










 









 












 Para complementar o traballo fixemos un CAROCHO



ou polo menos intentámolo.

Finalmente e, para dar por rematado o traballo de investigación tivemos a sorte de poder contar cun invitado de excepción, MANUEL, pescador dende case antes de nacer, coñecedor de boas artes e maneiras, e, que non tivo reparo en contarnos e mostrarnos como e en qué consiste esta cada vez máis complexa e castigada ARTE DA PESCA.

Estas son algunhas das imaxes coas que nos quedamos:


 

Manuel trouxonos ao colexio unha fermosa rede  que empregan para a pesca.
Xa que a tiñamos a man, aproveitámola para colgar os peixes que fumos vendo ao longo deste traballo: LAMPREA, SOLLA, TROITA, SALMÓN (disque é o rei do río), ANGUÍA ...

MANUEL E ENLACE, MOITAS GRAZAS POLA COLABORACIÓN!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario