domingo, 20 de enero de 2013

CONTOS E LENDAS

 Dentro do patrimonio inmaterial que rescatamos, ocupan un espazo importante os contos e as lendas que recolle o noso alumnado. Nun principio pensamos en poñer só as relacionadas cos fortes, pero finalmente decidimos abrir un pouco máis a escolla. Queda pois aberto o campo das lendas e contos, con gravacións feitas polos alumnos a familiares e veciños, pouco a pouco iremos subindo os traballos ao noso blogue.
Moitas das lendas tratan de dar explicación á toponimia da zona, traballo que abordaremos máis adiante.

 Algunhas lendas e contos apórtanse en texto, como é o caso desta lenda que nos achega Pablo Pousa ( O Cúbico) que publicamos no goianés que el tanto defende:

 
A inquietante lenda da caveira do cemiterio de Tollo.
(Esto acontécelle a dúas familias que sempre andaban movendo os marcos das leiras  onde eran lindeiros)

   Contan que houbo unha vez un home, dono dunha granxa no lugar de Fontiala, que un día discutiu fortemente co seu fillo único, tras a discusión nunca máis volveron falarse, ie, o pouco tempo, o mozo morriou repentinamente. Tal era o odio que o pai aínda gardaba no seu corazón que non se presentou no enterro ie no funeral do siou propio fillo, nin acudiu o cemiterio cando o enterraron.  Pasou o tempo: Ie o granxeiro converteuse nun home taciturno ie pouco sociable. Aínda así, cumplia coas obrigacións cidadás, ie cando morriou un veciño foille o siou  enterro.
O remate  da cerimonia, o granxeiro quedou un anaco no cemiterio camiñando por o medio das campas, ié atopou unha caveira. Por aqueles tempos, os sucesos sobrenaturais estábanlle a  orde do día, ie así sucediou que a caveira, cun ruxido inquietante, moviou as mandíbulas pra falar:  Mañá –díxolle; pasarei a noite na túa casa, coa condición de que volvas facerme ti máis adiante compañía no cemiterio.

O granxeiro, convencido de acharse ante algún sinal do outro mundo, non dubidou en aceptar.
Ademais, decidiu buscar unha testemuña e invitou o Crego da parroquia a visitalo a seguinte tarde. Cando estaban a cear, oíronse uns golpes secos na porta. Aínda que ninguén abriu, unha caveira apareceu de súpeto enriba da mesa.  Ante a estupefacción dos dous comensais, o esqueleto deu boa conta das viandas, e desapareceu. Á noie seguinte, o granxeiro armouse de valor para cumprir coa súa parte do trato, aínda que esta vez non buscou compañía.  Introduciuse no cemiterio ie buscou a caveira entre os enterramentos adonde a atopara por primeira ves, ie tivo a sorte de atopala, dicíndolle esta. Tes de ir o lado da igrexa, al hai unha escaleira con tres chanzos, xunto a un prado. o granxeiro la foi ie baixounos, encontrándose de súpeto ante unha escena xurdida da niaboa na que vióu uns homes enliados nunha sanguenta pelexa, con paus de madeira e gadañas. Ao velo, os contendentes dirixíronse a el preguntándolle: Buscas un cranio branquexado? Acábase de ir campo ao de aquí o lado.

Cheo de medo, o granxeiro fuxiu,  e chegou ante unha casa que apareceu  por arte de maxia. Sen pensalo dúas veces, penetrou no siou interior. Nada máis entrar un lume ardiou na lareira, ie xunto a ela viu unha dama e unha criada. A primeira, desconsolada e aterecida de frío, camiñaba dun lado para outro, intentando achegarse o lume, pero a criada apartábaa a empuxóns. Ie o velo, mirárono cas cuncas baleiras dos sious ollos ie dixéronlle: -Se buscas a caveira, tiela de encontrar no cuarto do lado. Ie alí corriou a refuxiarse o pobre granxeiro tras diala, sientouse nunha mesa, ie com sombras vestidas de raídas roupaxes negras, tres mulleres desgreñadas, pálidas e frías sientaronse o lado Por fin, viu sobre o chan, nun canto, cuberta de branco pó, a caveira deslucida. Pero non estaba só, tres figuras estaban con iala. Cunha voz que parecía un eco, undas das caliveras ordena. Muller ¡Dalle de cear o noso convidado! actitude máis propia de zombie que de xente viva, a muller se adiantou cambaleándose pra poñer sobre da mesa un pouco de pan negro e unha  sucia xerra con auga.  Unha seguna muller arrastrou os pés ata a mesa, na que colocou aínda menos cantidade e peor comida e bebida. A voz da caveira tronou entón:

-¡Muller!¡  A cea para o convidado! E un terceiro farrapo humanoide apresurouse cara á mesa, pero está vez das súas mans xurdiron manxares e bebidas apetitosas, e o home, por fín, comeu e bebeu ata fartarse bian.- ¡Logo descubriu que da caveira se atopaba ante el sobre a mesa, unha lus parecía brillar nos seus cuévanos: Esta dille, vou explicarche canto contemplaches home, pois o tiou valor e ousadía o meriecen.

   Foran os homes contendentes en vida veciños que loitaban entre si por tiarras que tiñan unhas xunto a outras, ie movían as estacas ou marcos,  cambiando  as  marxes, ie agora teñen que loitar entre si por sempre. Os homes ie mulleres enliados en cruel pelexa foron parellas casadas en vida que adoitaban enfrontarse nas súas casas, e agora así seguirán por toda a eternidade.  A señora que viste aquí ao lado, morta de frío, foi en vida cruel coa súa criada, e agora sofre a vinganza ata o día do xuízo final. E as tres mulleres escuras, esas eran miñas mulleres:

   A primeira sempre me tratou mál, a segunda pior, ie a terceira coidoume bian, ie así quixen que siga sendo. En canto a tí, desgraciado, viñeches a min por non asistir ao funeral do tiou fillo, ie sin embargo fuches non obstante ao dun veciño. Dime, canto tempo cres que pasou dende que saíches da túa casa? Na tarde de onte saín a buscarte, respondeu a caveira con voz titubeante o granxeiro. Aquí liavo setencentos anos, sentenciou a voz do cranio. Ties unha oportunidade arrepíntete, quizais aínda poidas obter o perdón.  quédate, volve o cemiterio, busca a tumba en ruinas do tiou fillo,  este atopou a desvencillada tumba,   axionllouse na tiarra ie pediulle  perdón. Io chan fendiouse silenciosamente antón, das profundidades xurdiu unha man, suxeitou a súa, ie como retallos de néboa, ascenderon cara o ciau os espritos do pai ie do fillo.

.P.Pousa

En joianes a miña maneira

pra matalo tempo.

Tamén os amigos de Cerveira aportan bonitas lendas, coma esta de Catarina Dias Martins:

A COVA DA MOURA


Em tempos que lá vão, quando os mouros e cristãos ainda viviam próximos uns dos outros, apesar de inimigos, uma bela Moura ficou perdida de amores por um jovem cavaleiro cristão. Da janela do castelo, lá na atalaia, onde seu pai era senhor, fixava a pobre da Moura o horizonte, na ânsia de ver a sua paixão. Só se tinham encontrado em segredo, pela calada da noite, com medo de serem vistos.
Com o passar do tempo, o amor entre eles foi crescendo de tal maneira, que já não suportavam a ausência do outro, nem os fugazes encontros às escondidas! Por isso, apesar de saberem o quanto, isso era difícil, resolveram revelar ao pai da jovem o segredo do amor que partilhavam, para que este autorizasse o casamento.
O chefe mouro nem queria ouvir o que a jovem filha lhe pedia! Casar com um cristão? A filha tinha de certeza perdido o juízo por completo! Não pertencia o pretenso noivo ao inimigo e a outra fé? Como podia aceitar tal casamento?
Ao princípio ainda pensou que aquilo era desvario da juventude, e da força da primavera que se iniciara em plena pujança. Por isso deixou passar algum tempo para ver da perseverança do desejo. Mas o tempo passava e a filha cada vez mais se agarrava àquele cavaleiro que lhe importunava a porta. Usou todas as artimanhas para que a paixão desaparecesse, desde alertar os guardas para não deixarem aproximar-se o cristão, até fechar a pobre da donzela moura na mais alta das torres do castelo. Nada conseguiu!
Esgotadas as tentativas para convencer a filha a deixar esse amor, resolveu o chefe mouro chamar uma mulher das redondezas, que diziam ter grandes poderes. Depois de lhe contar o que pretendia, confiou à bruxa o remédio para tão grande mal de amor.
Introduziu-se a bruxa nos aposentos da jovem moura, para lhe conquistar a confiança e a convencer a colocar uns brincos que trazia consigo. A donzela ainda negou a oferta, desconfiada da aparência da mulher que a visitava, mas quando lhe disseram que os brincos lhe iam ficar muito bem, porque ela era muito linda, e que os brincos eram mesmo talhados para o seu rosto, lá aceitou, por entre um sorriso de vaidade. Quando estava a acabar de prender o segundo brinco, a bruxa disse umas palavras estranhas para enfeitiçar a pobre da moura! Naquele mesmo instante a bela jovem transformou-se numa horripilante cobra!
A partir daquele dia nunca mais a moura foi vista pelo jovem cavaleiro que, por isso, morreu de desgosto! Diz o povo que há quem tenha visto uma cobra muito estranha pêlos lados da Atalaia. Também há quem diga que, uma vez por mês, em noites de lua cheia, aparece um linda jovem com uns belos brincos, na Praia da Lenta, num local onde existe um cova, que, segundo dizem, liga o rio à Atalaia. Têm-na visto ali a lavar, esquecendo-se por vezes de uma ou outra peça das suas belas e ricas roupas.
Muito mostram pena da moura e da sua fada, por ter desejado um amor que lhe era proibido. Todos acreditam que quem conseguir tirar os brincos das orelhas, lhe acaba o feitiço que a maldita da bruxa lhe impôs! Até hoje ainda ninguém conseguiu tal feito, permanecendo a pobre de moura no encantamento de antanho!

Para escoitar as gravacións ou ver as fichas,  preme no título:




>
TÍTULO
NARRADOR
INFORMADOR
O BALDÍO DA MOURAElenaBrenda Martínez Lemos
A MADALENAXosé RamónRamón Vital Estévez Núñez
A LAGOAVisitaciónIrea Piñeiro Rego
CARNEIRIÑO BLANCO (TARDO)DariaEvelyn Lima Martinez
GALIÑA DE OURO Daria Evelyn Lima Martinez
SEÑORA DA TORREDariaEvelyn Lima Martinez
FONTE DO OLLO DO CUCarlosCarlota González Alonso
CRIADA  DA TORREAvelinaMiguel Domínguez De Santiago
CONTO DE GOIÁNPabloGabriel Carrera Eiras
O TARDOElviraMiguel Domínguez De Santiago
FONTE DE TI DINICIOAvelinaMiguel Domínguez De Santiago
LENDA DO CALDEIRÓNJuan CarlosIria Muñoz De Santiago
O POLIÑO DA TORRE Digna Carla Rodriguez Otero
COMPAÑA DA TORRE Digna Carla Rodriguez Otero
COBRA ENCANTADORA Ina e Concha Yohanna Da Cunha González
COBRAS IIIna e Concha Yohanna Da Cunha González
GOIAN E PEDRA DO MOUROAraceli Xulia e Mar, Oliveira Misa
FACHOS E FACHEIROSAraceli Xulia e Mar, Oliveira Misa
SIMPLÓNSAraceli Xulia e Mar, Oliveira Misa
PISCO AraceliXulia e Mar, Oliveira Misa
PISCO (contrabando)Arlindo e AraceliXulia e Mar, Oliveira Misa
PASADIZO NO CASTELO Araceli Xulia e Mar, Oliveira Misa
ENTERRO NA TORRE Ina e Concha Yohanna Da Cunha González
MÁQUINA DE CARTOS Ina e Concha Yohanna Da Cunha González
MINAS DE OURO Ina e Concha Yohanna Da Cunha González
SONÁMBULO Ina e Concha Yohanna Da Cunha González
VENDA DE BOIS Ina e Concha Yohanna Da Cunha González
A PASSAGEM SECRETA
Eva
LENDA DO CONVENTO DE S. PAIO João Junior
O PENEDO ENCANTADO
João Cerdeira
A MOURA ENCANTADA Magna
COMPADRE RICO E COMPADRE POBRE
Beatriz Lima
CONTRABANDO I Alex Sá
CONTRABANDO II Alex Sá
LENDA DE COVAS Gonçalo Lima
COVA DA MOURA Maria do Carmo Granja
 A COVA DA MOURATEXTOCatarina, 3ªB
CONTRABANDOOtilia Queiróz (TEXTO)Cesario Aráujo, 3ªB
FONTE DO OUROOtilia Queiróz (TEXTO)
Rodrigo Oliveira, 3ºB
MOUROS Otilia Queiróz (TEXTO)
Inês, 3ºB
COVA DA MOURA  OU ATALAIADiamantino Vale Costa (TEXTO)
Cesario Aráujo, 3ºB
O CERVO REITEXTO
Catarina Dias Martins, 3ºB
Lenda da MadanialaTEXTOPablo Pousa (O Cúbico)
Conto case de NadalTEXTOPablo Pousa (O Cúbico)

TESOUROS AGOCHADOS
TEXTO
Pablo Pousa (O Cúbico)

FORTES E PLAN PROXECTA

Participamos tamén no Plan Proxecta, AEG21, e ó tempo que recuperamos o patrimonio inmaterial repoñemos parte do medioambiental. No principio do curso fixemos unha visita ó forte de San Lourenzo en Goián
Saímos do colexio unha mañán de Goián (con néboa)





Camiñando cara o forte fomos revisando a toponímia que tiña que ver cos fortes, e traballando co noso caderno (que podes ver se premes "follas e landras no forte").


  

Paramos no Baldío da Moura, que máis adiante (na recolleita de lendas) explicaranos o seu topónimo con unha lenda

aproveitamos para ver e revisar a partes dun carocho,


visitar a casa dos Correa e para  facer unha recolleita de landras de sobreira e carballo, nos arredores do forte de San Lourenzo


escollelas, comparalas e noutra xornada na escola, poñelas en macetas recicladas de cartóns de leite ou zume. Antes de marchar do forte, aprendemos a orientar un plano e  botámoslle unha ollada ó País Irmau dende o  baluarte de San Xoán.


 Noutra xornada na escola e logo de hidratar as sementes,






aprendemos a identificamos as distintas landras, 


 
desbotamos as que non estaban en condicións e procedemos a plantalas en macetas feitas de envases de leite, zume, etc.










unha vez rematada a tarefa, levámolas a clase para clase a crialas con moito mimo e observar o seu desenvolvemento.








Ao final de curso  cos alumnos de terceiro ciclo fixemos unha saída polo concello de Tomiño para visitar casas brasonadas,



 zonas dedicadas a cultivos ornamentais,


  casas da inquisición,



 












igrexas románicas e pontes medievais.

 
 












 Coma sempre levamos un caderno (preme AQUÍ para descargalo) con actividades de medición, orientación e recoñecemento de especies animais e vexetais.

MOTIVO DO BLOGUE

Este blogue quere amosar os traballos realizado co premio otorgado pola FUNDACIÓN ANTONIO FRAGUAS do MUSEO DO POBO GALEGO ao Proxecto Didáctico “ FORTES DA GUERRA DE RESTURACIÓN EN VILANOVA DE CERVEIRA E TOMIÑO, PATRIMONIO INMATERIAL”.
No Proxecto didáctico participan alumnos e mestres de Vilanova de Cerveira e Tomiño.
Este traballo quere tomar como centro de interese os fortes que se construíron durante a Guerra de Restauración Portuguesa do século XVII que deu lugar a independencia de Portugal.
No concello de Tomiño hai restos de cinco fortes dese momento, tres dos mesmos en aceptable estado de conservación, que deixaron pegadas na vida e tradicións do concello. Nas parroquias que achegan alumnos o noso centro, Figueiró e Goián concentran catro dos cinco fortes do concello. Ó mesmo tempo a localidade portuguesa que ocupa a marxe contraria do río é Vilanova de Cerveira, conserva parte das murallas da localidade e un forte na freguesía de Lovelhe, mesmo no remate da ponte internacional.
Nestes últimos anos vense poñendo en valor as edificacións, gracias a un Plan Director de Fortalezas, que non sabemos se segue activo. Neste plan recupéranse algúns dos edificios pero deixa de lado o patrimonio inmaterial resultante deses momentos. Pretendemos recuperar as lendas, contos, alcumes , topónimos, ou calquera outro vestixio que na actualidade sexa recuperable tanto no concello como no país veciño, revisando a toponimia oficial xa recollida na zona dos fortes e comparándoa coa que conservan as persoas de idade avanzada.
Como obxectivos fundamentais planéanse os seguintes:
  • Recuperación de topónimos
  • Recuperación de termos na fala goianesa.
  • Fomentar o coñecemento e a relación de galegos e portugueses
  • Recuperación do patrimonio material e inmaterial
  • Fomentar o afán investigador no alumnado
  • Fomentar o respecto as nosas costumes e tradicións
A tarefa é urxente pois co abandono  do campo para ir traballar ao sector servizos a Vigo e o troco no réxime de propiedade: moitos terreos alugados por adegas para cultivo da viña ou por viveiros para todo tipo de plantas aproveitando o clima especial da zona, trocan o minifundio por longas extensións de cultivo, o fenómeno urbanístico dos últimos anos afectou tanto a construcións como a nomes de lugares: novas rúas e novos nomes; a chegada a localidade de familias  na busca de residencias a “prezo accesible”, con descoñecemento da historia e dos costumes locais axudan a forte penetración do castelán e propicia o abandono, e polo tanto esquecemento, dos topónimos e outros bens inmateriais.