Para
os que nos adicamos a isto da ensinanza é fácil comprender a
dificultade que entraña situar aos alumnos destas idades no espazo e
no tempo. Antes de iniciar o traballo pensamos que representar de
xeito gráfico o desenvolvemento histórico da comarca axudaría a
súa comprensión, e moito máis se eles decoraban os gráficos.
Decidimos pois decorar as escaleiras do centro cunha “liña do
tempo”, iniciándose coa aparición do ser humano fai catro millóns
de anos, amosando as primeiras ferramentas líticas das que en Goián
se atoparon gran número delas, ata a idade moderna, época na que se
construíron os fortes.
Procuramos utilizar imaxes representativas de
cada época que se atoparan na zona, moitas delas para visitar ou xa
visitadas polos nosos alumnos na actividade que chamamos “Taraes”,
nome
que o historiador Manuel Fernández de Goián daba a esta parte do
río.
.
Quédanvos aquí unhas pequenas mostras do traballo, se queredes ver
o resultado final estades convidados a achegarvos ao CEIP Pintor
Antonio Fernández para velo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario