No
traballo de investigación do noso alumnado, descubrimos que a
presencia dos fortes, en particular o de San Lourenzo, está no
imaxinario colectivo dos habitantes da zona e crea unha sinal de
identidade. As veces utilízanse símbolos presentes no forte para
identificarse como grupo. Tal é o caso do uso de un dos escudos que
flanquean a entrada do forte de San Lourenzo e que representa ao
Gobernador militar de Galicia naquel momento, como escudo do equipo
de fútbol da localidade.
O
forte ou castelo como adoitan chamalo os veciños, deu nome a gasosas
( EL CASTILLO), que logo tiveron que renomear por coincidir con outra
marca de leite de ámbito estatal. Os veciños acudían ao forte a
sacar fotos os días sinalados, o pintor Antonio Fernández
representaba nos cadros a entrada do forte; a Concellería de Cultura
do Concello de Tomiño utiliza como anagrama parte da planta do
forte, tamén formou parte de carrozas do entroido goianés, e mesmo
aparece nas etiquetas dos licores de augardente que se comercializan
na zona. Sen ir máis lonxe, neste ano de 2013 a Asociación de
Comerciantes de Tomiño (ADETO) utiliza nas súas propagandas cadros
do forte pintadas por A. Fernández.
O Goián Fúltbol Club, utiliza un dos escudos da entrada do forte de S. Lourenzo como identificador do grupo deportivo. A emigración a América, sobre todo Brasil e Estados Unidos foi moi forte a principios do século pasado, chegando a fundarse en Nova York un Goián F.C., e o escudo da entrada do forte de S. Lourenzo paseouse polos campos de fútbol neoyorkinos.
O Goián F:C: de New York foi campión da liga hispana no 1925.
O Goián F:C: de New York foi campión da liga hispana no 1925.
A FIASTA
Logo
de recuperar, no século pasado, o forte de San Lourenzo para a
propiedade pública, e ante o estado de abandono que representaba
pois as autoridades non apostaban polo súa recuperación, un grupo
de veciños, inicia a recuperación do espazo para celebrar unha
festa, en goianés dise FIASTA, con actividades lúdico-educativas
que se celebrou durante varios veráns.
No hay comentarios:
Publicar un comentario