Ao longo do século XVII a música instrumental independízase da vocal. Precisamente a orquestra nace no barroco grazas á perfección que acadan os instrumentos de corda. O número de
instrumentos que a formaban era variable e dependía moitas
veces do número de músicos que estaban disponibles nun determinado
momento. Como diciamos foi a época do violín e da súa familia (viola,
violoncello e contrabaixo) que van ser o núcleo central da orquestra
barroca.
Con respecto aos instrumentos de vento
comezou a usarse o antepasado da actual trompa, coñecido daquela
como "corno de caccia".
Daquela non existía ainda o director de orquestra tal e como o coñecemos hoxe. O que normalmente se encargaba de dirixir era o intérprete do primeiro violín, do clavicémbalo ou do órgano. Era coñecido co nome de mestre de concerto e dirixía sentado no lugar onde estaba tocando.
Unha formación orquestral media estaba formada aproximadamente por vintecinco músicos. Violíns, violas, violonchelos e contrabaixo formaban a seccion de cordas. Frauta, oboe e trompeta a sección de vento, un ou dous clavicembalos e algún que outro instrumento máis que podía ser variable.
No hay comentarios:
Publicar un comentario