jueves, 14 de marzo de 2013

A MÚSICA NO S. XVII: O BARROCO

O estilo musical dominante en Europa nesta época é o BARROCO, que abarca aproximadamente desde o nacemento da ópera (arredor do ano 1600) ata a morte de Johann Sebastian Bach no 1750.


A meirande parte dos compositores da época barroca traballaban ao servizo de mecenas (persoas con moitos cartos que os mantiñan para que puideran adicarse totalmente a compoñer). Ao longo dos vindeiros meses traballaremos os seguintes:

De ALEMANIA : BACH e Telemann.
De INGLATERRA: HAENDEL e Purcell
De ITALIA: VIVALDI e Monteverdi
De FRANCIA: LULLY e Charpentier.
De ESPAÑA: Francisco Correa de Arauxo.

Falaremos da importancia da improvisación e do baixo continuo, da primeira ópera (Orfeo de Monteverdi), escoitaremos as obras máis representativas da época, investigaremos sobre os instrumentos que formaban parte da orquestra barroca, dos seus luthiers e das danzas da época. Tamén investigaremos sobre a música que se facía en Galicia...pero coido que xa vos estou adiantando demasiado. Polo de agora deixovos que lle vaiades dando xa a benvida á Primavera...

No hay comentarios:

Publicar un comentario