OLEIROS
Despois de tanto tempo esperando, por fin, OS OLEIROS chegaron ao cole.
Dende NIÑODAGUIA chegounos barro do bo, imaxes e a información precisa
para poder comezar.
Montamos un pequeno expositor
onde se recollen os pasos que hai que ir dando para ter rematada
unha peza de barro.
PASOS A SEGUIR
 |
1.- EXTRAER A ARXILA |
 |
2.- TRITURALA |
 |
3.- PASALA POLA AMASADORA para quitarlle as burbullas.
|
 |
5.- SECADEIRO sécase a | | | | temperatura ambiente |
 |
4.- TORNO, con ou sen molde |
 |
6.- FORNO, onde se cocen as pezas |
7.- PEZA REMATADA
Tamén puidemos ver as imaxes dos fornos antigos,
fornos comúns que eran empregados por todo o pobo e que ían con CODIA DE CARBALLO ou TOXO.
Unha vez que asentamos todas estas ideas, madurámolas e comezamos co traballo máis creativo.
GRAZAS AOS OLEIROS DO PAÍS, GRAZAS AQUILINO'S &VANESA.