No Proxecto didáctico participan alumnos e mestres de Vilanova de Cerveira e Tomiño.
Este traballo quere tomar como centro de interese os fortes que se construíron durante a Guerra de Restauración Portuguesa do século XVII que deu lugar a independencia de Portugal.
No concello de Tomiño hai restos de cinco fortes dese momento, tres dos mesmos en aceptable estado de conservación, que deixaron pegadas na vida e tradicións do concello. Nas parroquias que achegan alumnos o noso centro, Figueiró e Goián concentran catro dos cinco fortes do concello. Ó mesmo tempo a localidade portuguesa que ocupa a marxe contraria do río é Vilanova de Cerveira, conserva parte das murallas da localidade e un forte na freguesía de Lovelhe, mesmo no remate da ponte internacional.
Nestes últimos anos vense poñendo en valor as edificacións, gracias a un Plan Director de Fortalezas, que non sabemos se segue activo. Neste plan recupéranse algúns dos edificios pero deixa de lado o patrimonio inmaterial resultante deses momentos. Pretendemos recuperar as lendas, contos, alcumes , topónimos, ou calquera outro vestixio que na actualidade sexa recuperable tanto no concello como no país veciño, revisando a toponimia oficial xa recollida na zona dos fortes e comparándoa coa que conservan as persoas de idade avanzada.
Como obxectivos fundamentais planéanse os seguintes:
- Recuperación de topónimos
- Recuperación de termos na fala goianesa.
- Fomentar o coñecemento e a relación de galegos e portugueses
- Recuperación do patrimonio material e inmaterial
- Fomentar o afán investigador no alumnado
- Fomentar o respecto as nosas costumes e tradicións
No hay comentarios:
Publicar un comentario