Este
forte ten un gran enraizamento na zona e polo tanto, decidimos que
sería motivante para o noso alumnado empezar o proxecto facendo unha
maqueta do forte tal e como foi pensado para a súa inauguración.
Recorremos a planos dese momento e barallamos os distintos materiais
con que se podía levar a cabo, decidíndonos finalmente por a pedra do país, deu máis traballo pero da a impresión de grandeza que fai sentir o orixinal.
A
construción da maqueta durou todo o curso, e deu traballo a tódolos
alumnos de primaria, polo que pensamos axudará a valorar máis este património histórico.
Mercáronse tiras de pedra de distintos grosores mandados cortar
nunha serraría de pedra do concello que nos fomos torando e pegando
cos alumnos. O Magister muri da obra foi o director do centro,
Antonio Fernández Bahamonde.
Deixámosvos aquí unhas fotos do traballo, para ver
o orixinal pasade pola escola. Seredes ben recibidos.
o orixinal pasade pola escola. Seredes ben recibidos.