Chega o entruido a Goián, festa
principal na localidade, e o noso centro visita o século XVII, século
que deu orixe aos fortes dos que trata o noso traballo. O venres de
entruido apareceu o centro cunha banderola na entrada e convertido nun forte,
soubemos que era o de San Lourenzo pola
inscripción da porta e polos escudos dos lados,
máis tarde por aquela porta xurdiron
o venres de entruido:
pintores famosos,
familias nobres como os Correa e
Ozores,
labregos empezando a entenderse co
millo e coas castañas da terra,
pescadores do Miño cos seus peixes e
carocho,
os mosqueteiros franceses (supoñemos
que apoiando aos portugueses) que deron unha volta polo entroido da
Vila da Barca,
e a inquisición, con monxes, monxas,
Papas e algo fundamental naqueles anos: os sambenitos. Pechaba o
desfile a treboada "Os da Fonte do Frade".