Stop Motion da lenda goianesa "A Espada do Mouro" realizado co alumnado de 4º de Primaria durante o mes de outubro do 2013. Adaptamos a lenda, deseñamos as personaxes e os decorados e con moita paciencia e moitas risas fomos construindo esta superproducción foto a foto. Pablo e Pío de Deica Audiovisual dirixiron o obradoiro e encargáronse da montaxe final. Este foi o resultado. Desexamos que a gocedes tanto coma nós. Xa nos veredes nun chimpín polo Festival de Cans.
BLOGUE DO PREMIO PROXECTO DIDÁCTIO PRIMARIA 2012 DA FUNDACIÓN ANTONIO FRAGUAS DO MUSEO DO POBO GALEGO
Etiquetas
- alcumes (1)
- alcunhas (1)
- canto de cego (1)
- contos (4)
- curiosidades (1)
- Danza de Espadas (1)
- emigración (1)
- Entroido (1)
- Exposición (1)
- FIASTA (1)
- GOIAN F.C. (1)
- gremios (1)
- historia (1)
- instrumentos musicais (1)
- lendas (3)
- liña do tempo (1)
- mulleres (2)
- música (5)
- oficios (5)
- orquestra barroca (1)
- Plan Proxecta (3)
- PROXECTO ANTONIO FRAGUAS (1)
- Stop Motion (1)
- TEATRO (1)
- toponimia (2)
- xogos (1)
martes, 29 de octubre de 2013
sábado, 12 de octubre de 2013
ALCUMES OU ALCUNHAS
Os alcumes ou alcunhas que
din no portugués, son un xeito de sobrenome que identifica nos nosos
lugares a persoas ou grupos familiares. No Baixo Miño e Cerveira son
moi afeccionados a poñer este tipo de sobrenomes que no caso de
Goián leva implícito moitas veces a variable dialectal do goianés.
Dado que, como dixemos,
afecta a grupos familiares e polo tanto son herdanza, pensamos que
facendo un seguimento dos mesmos poderiamos atopar algún que tivese
relación cos fortes.
Armados cunha ficha de
recollida de alcumes, os nosos investigadores perseguiron a tódolos
informantes que tiña unha certa idade para recoller tamén alcumes
que xa estaban perdidos ou esquecidos.
De tódolos alcumes de
Goián fixemos unha base de datos que está a vosa disposición, máis
abaixo veredes como consultala, tamén podedes consultar en formato
pdf as fichas dos investigadores cerveirenses que fixeron un moi bo
traballo.
Revisados todos atopamos
dous alcumes de familia en Goián e Soutelo que claramente teñen relación co
tema que tratamos: FACHEIRO e GRANADERO.
GRANADERO: Grandero no exército, era o portador das granadas. Suponse que este alcume ven de algún membro do forte ou dun familiar.
FACHEIRO: Famila que
sería encargada de facer os fachos e de acender o lume no monte dos Fachos, para avisar
dos perigos.
Podedes velos na seguinte
foto de finais do século XIX ou primeiros do XX, tamén escoitar a
dous dos membros desta familia na actualidade no apartado de Contos e
Lendas, son Araceli e a súa neta Xulia.
Deixámosvos un par de exemplos das fichas de recollida, neste caso dos compañeiros de Cerveira e debaixo un listado onde teredes acceso, tanto a base de datos como as fichas das alcuhas de alumnos de Vilanova.
Fichas e base de datos (feita en Openoffice), preme no nome
TABLA DA BASE DE DATOS- CATARINA 3ºB - GONÇALO - TIAGO CABODEIRA - RODRIGO - BEATRIZ MANUELA - CAROLINA - CATARINA - EDUARDO - JOÃO CERDEIRA - JOÃO JÚNIOR - LUÍS - SARA
jueves, 10 de octubre de 2013
A CONTENDA DOS LABRADORES DE CALDELAS
Esta obra de teatro de 433 versos, parece que foi escrita polo licenciado Gabriel Feixoo de Araúxo no 1671, foi publicada por Fermín Bouza Brei no 1953 co título: ENTREMÉS FAMOSO SOBRE LA PESCA EN EL RÍO MIÑO.A aparición desta obra, supón a confirmación dun teatro galego nos Séculos Escuros, non vencellado ao entroido nin a celebracións litúrxicas.
A obra parece baseada nun feito real, contenda que seguramente xurdiría a miúdo logo da independencia de Portugal no 1668. Conta como un fidalgo portugués entra en litixio por tentar facer o dobre de lances no río que os galegos, con liorta de por medio, remata a obra cun baile de confraternidade.
Para rematar o curso e no festival que pon fin ao mesmo, os alumnos de sexto representaron unha adaptación da Contenda feita polo seu titor: Antonio Fernández Bahamonde, acurtando o número de versos e trasladando os feitos a zona de Goián.
viernes, 27 de septiembre de 2013
Danza de Espadas de Baiona
E xa que durante o desenvolvemento deste proxecto estudamos os diferentes oficios e estamentos sociais quixemos aproveitar a saída de fin de curso do Segundo Ciclo de Educación Primaria á vila costeira de Baiona para profundizar na súa Danza de Espadas. A primeira noticia escrita que se ten sobre este baile
figura nun documento que se conserva no arquivo municipal que data
do ano 1595. A danza debe a súa orixe ao antigo gremio de mareantes, de histórica
tradición nesta Real Vila. Pode ser bailada por casi 50 homes
que portan unhas espadas coas que compoñen distintas figuras. O resultado da montaxe da danza por parte do alumnado de 3º de Ed. Primaria amosámolo no Festival de Verán do cole e quedou do seguinte xeito. Grazas Anxo.
martes, 24 de septiembre de 2013
XOGOS DO SÉCULO XVII
O xogo nos animais, entre eles o home,
cumpre unha función de integración do entorno no que se desenvolve
o infante, preparando a estes para o desenvolvemento na vida adulta.
Os alumnos de cuarto coa dirección do
mestre Miguel Romero estudaron os xogos no século XVII, elaborando
un mural e un vídeo sobre o tema.
jueves, 27 de junio de 2013
Os cantos, coplas e romances de cego.
Coincidindo cos Séculos escuros e a decadencia do uso culto da lingua e cultura galega, a música tradicional pasa a ter unicamente como vía de transmisión a oral, e non podemos máis que reconstruíla a través das panxoliñas, cantos de berce, de cego e outras mostras musicais que chegaron até a actualidade. É por isto que escollemos os cantos de cego como representante da música popular do século XVII para o desenvolvemento do proxecto no ábito musical nestes últimos meses de curso.
Xa no mesmo códice calixtino aparecen referenciados músicos cegos animadores do camiño de santiago. Esta vía de peregrinaxe vai tamén enriquecer o desenvolvemento dos romances. Os instrumentos típicos destes cantos son o violín ou a zanfona, e ás veces levaban acompañantes (en ocasións levando estes percusión) e así xuntos ían ás festas e romarías, lugares de encontro da nosa xeografía co soporte inconfundible das súas historias e sucesos, mesmos crimes. Para que a xente non perdera o fío do que se estaba narrando As persoas invidentes levaban un ou varios cartelóns grandes, chamados maltrañas, que representaban imaxes do relato que ía cantando o intérprete. No cartelón, o “moinante" (rapaz ou persoa que levaba a maltraña e guiaba ao cego) ía sinalando co punteiro o debuxo do texto que relataba o cantor e o texto escrito correspondente que acostumaba estar na parte inferior do debuxo.
Eran moi populares, sobre todo cando noutrora non existían os medios de comunicación de masas.Os seus romances e coplas foron gardados na memoria e transmitidos de xeración en xeración ata os nosos días.
Foi Tino Baz neste caso o que durante a nosa Semana das Letras instroduciunos no coñecemento deste tipo de xograres e nos fixo partícipes de moitos cantos. Xunto a el preparamos o noso propio romance. Escollemos o poema de Darío Xohan Cabana "A historia da lingua", adaptámolo e debuxamos as coplas para a maltraña. O resultado foi o seguinte. Grazas Tino, un pracer aprender contigo.
viernes, 24 de mayo de 2013
MÁIS OFICIOS
SÉCULO XVII, oficios, artesáns, cantar de cego, … esta semana das letras non podía ser doutro xeito.
Argallamos a maneira de poder achegar ao alumnado aos antigos oficios, algúns dos poucos que quedan e que aínda se conservan.
Aproveitamos para dar as GRAZAS a todos e todas aqueles que contribuiron a que esta semana fora tan iliustrativa.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



