Mostrando entradas con la etiqueta Plan Proxecta. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Plan Proxecta. Mostrar todas las entradas

domingo, 21 de abril de 2013

PLANTACIÓN

 Logo de pasar o diluvio, sae o sol e imos a poder ter unha xornada de plantación. Todo o curso coidando nas plantas para ver chegar este momento. 
 Plantamos en dous lugares distintos coa colaboración dos axentes do SEPRONA e da  Comunidade de Montes de Goián    que nos apoiou dun xeito insuperable, aproveitamos para darlle as gracias e decirlles que estaban moi bos os bocatas e o chocolate.
Nun terreo da Comunidade de Montes próximo a escola fixemos o viveiro de plantas das landras de carballo e sobreira recollidas no Forte de San Lourenzo e que transplantaremos o curso que ven. Noutro tamén próximo a escola fixemos outra plantación con árbores aportadas pola Comunidade de Montes.


 Saímos todos da escola e ao chegar ao semáforo do Punto dividímonos para cada lugar de plantación.

 







Empezamos explicando e organizando o traballo de marcar e facer furados, os maiores apandaron co maior esforzo.
  



 

Rematada a primeira quenda, cambiaron os grupos de lugar de plantación

 









 e chegaron os de 1º e 3º que plantaron por parellas de distintos cursos.

 









 
Unha vez rematada a tarefa, recollido todo o lixo e regadas as plantas, volvemos a escola cansados, pero impacientes por transplantar os carballos e sobreiras o curso que ven.




viernes, 8 de marzo de 2013

COMO MEDRAN AS NOSAS PLANTAS

Despois de tanto esperar, regar e mimar, comezaron a nacer as nosas plantiñas. Observamos detidamente como unha delas ía medrando e retratamos o seu crecemento ao longo de case un mes. Este é o resultado.

domingo, 20 de enero de 2013

FORTES E PLAN PROXECTA

Participamos tamén no Plan Proxecta, AEG21, e ó tempo que recuperamos o patrimonio inmaterial repoñemos parte do medioambiental. No principio do curso fixemos unha visita ó forte de San Lourenzo en Goián
Saímos do colexio unha mañán de Goián (con néboa)





Camiñando cara o forte fomos revisando a toponímia que tiña que ver cos fortes, e traballando co noso caderno (que podes ver se premes "follas e landras no forte").


  

Paramos no Baldío da Moura, que máis adiante (na recolleita de lendas) explicaranos o seu topónimo con unha lenda

aproveitamos para ver e revisar a partes dun carocho,


visitar a casa dos Correa e para  facer unha recolleita de landras de sobreira e carballo, nos arredores do forte de San Lourenzo


escollelas, comparalas e noutra xornada na escola, poñelas en macetas recicladas de cartóns de leite ou zume. Antes de marchar do forte, aprendemos a orientar un plano e  botámoslle unha ollada ó País Irmau dende o  baluarte de San Xoán.


 Noutra xornada na escola e logo de hidratar as sementes,






aprendemos a identificamos as distintas landras, 


 
desbotamos as que non estaban en condicións e procedemos a plantalas en macetas feitas de envases de leite, zume, etc.










unha vez rematada a tarefa, levámolas a clase para clase a crialas con moito mimo e observar o seu desenvolvemento.








Ao final de curso  cos alumnos de terceiro ciclo fixemos unha saída polo concello de Tomiño para visitar casas brasonadas,



 zonas dedicadas a cultivos ornamentais,


  casas da inquisición,



 












igrexas románicas e pontes medievais.

 
 












 Coma sempre levamos un caderno (preme AQUÍ para descargalo) con actividades de medición, orientación e recoñecemento de especies animais e vexetais.