E xa que durante o desenvolvemento deste proxecto estudamos os diferentes oficios e estamentos sociais quixemos aproveitar a saída de fin de curso do Segundo Ciclo de Educación Primaria á vila costeira de Baiona para profundizar na súa Danza de Espadas. A primeira noticia escrita que se ten sobre este baile
figura nun documento que se conserva no arquivo municipal que data
do ano 1595. A danza debe a súa orixe ao antigo gremio de mareantes, de histórica
tradición nesta Real Vila. Pode ser bailada por casi 50 homes
que portan unhas espadas coas que compoñen distintas figuras. O resultado da montaxe da danza por parte do alumnado de 3º de Ed. Primaria amosámolo no Festival de Verán do cole e quedou do seguinte xeito. Grazas Anxo.
BLOGUE DO PREMIO PROXECTO DIDÁCTIO PRIMARIA 2012 DA FUNDACIÓN ANTONIO FRAGUAS DO MUSEO DO POBO GALEGO
Etiquetas
- alcumes (1)
- alcunhas (1)
- canto de cego (1)
- contos (4)
- curiosidades (1)
- Danza de Espadas (1)
- emigración (1)
- Entroido (1)
- Exposición (1)
- FIASTA (1)
- GOIAN F.C. (1)
- gremios (1)
- historia (1)
- instrumentos musicais (1)
- lendas (3)
- liña do tempo (1)
- mulleres (2)
- música (5)
- oficios (5)
- orquestra barroca (1)
- Plan Proxecta (3)
- PROXECTO ANTONIO FRAGUAS (1)
- Stop Motion (1)
- TEATRO (1)
- toponimia (2)
- xogos (1)
Mostrando entradas con la etiqueta música. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta música. Mostrar todas las entradas
viernes, 27 de septiembre de 2013
jueves, 27 de junio de 2013
Os cantos, coplas e romances de cego.
Coincidindo cos Séculos escuros e a decadencia do uso culto da lingua e cultura galega, a música tradicional pasa a ter unicamente como vía de transmisión a oral, e non podemos máis que reconstruíla a través das panxoliñas, cantos de berce, de cego e outras mostras musicais que chegaron até a actualidade. É por isto que escollemos os cantos de cego como representante da música popular do século XVII para o desenvolvemento do proxecto no ábito musical nestes últimos meses de curso.
Xa no mesmo códice calixtino aparecen referenciados músicos cegos animadores do camiño de santiago. Esta vía de peregrinaxe vai tamén enriquecer o desenvolvemento dos romances. Os instrumentos típicos destes cantos son o violín ou a zanfona, e ás veces levaban acompañantes (en ocasións levando estes percusión) e así xuntos ían ás festas e romarías, lugares de encontro da nosa xeografía co soporte inconfundible das súas historias e sucesos, mesmos crimes. Para que a xente non perdera o fío do que se estaba narrando As persoas invidentes levaban un ou varios cartelóns grandes, chamados maltrañas, que representaban imaxes do relato que ía cantando o intérprete. No cartelón, o “moinante" (rapaz ou persoa que levaba a maltraña e guiaba ao cego) ía sinalando co punteiro o debuxo do texto que relataba o cantor e o texto escrito correspondente que acostumaba estar na parte inferior do debuxo.
Eran moi populares, sobre todo cando noutrora non existían os medios de comunicación de masas.Os seus romances e coplas foron gardados na memoria e transmitidos de xeración en xeración ata os nosos días.
Foi Tino Baz neste caso o que durante a nosa Semana das Letras instroduciunos no coñecemento deste tipo de xograres e nos fixo partícipes de moitos cantos. Xunto a el preparamos o noso propio romance. Escollemos o poema de Darío Xohan Cabana "A historia da lingua", adaptámolo e debuxamos as coplas para a maltraña. O resultado foi o seguinte. Grazas Tino, un pracer aprender contigo.
martes, 2 de abril de 2013
OS INSTRUMENTOS MUSICAIS NO SÉCULO XVII
Por aquí vos deixo unha presentación cos instrumentos máis característicos da música barroca. Ide botándolle un ollo, nos vindeiros días trataremos disto na clase e así me comentades as vosas impresións. ¿Cal será o voso instrumento barroco preferido?
miércoles, 20 de marzo de 2013
A ORQUESTRA BARROCA
Ao longo do século XVII a música instrumental independízase da vocal. Precisamente a orquestra nace no barroco grazas á perfección que acadan os instrumentos de corda. O número de
instrumentos que a formaban era variable e dependía moitas
veces do número de músicos que estaban disponibles nun determinado
momento. Como diciamos foi a época do violín e da súa familia (viola,
violoncello e contrabaixo) que van ser o núcleo central da orquestra
barroca.
Con respecto aos instrumentos de vento
comezou a usarse o antepasado da actual trompa, coñecido daquela
como "corno de caccia".
Daquela non existía ainda o director de orquestra tal e como o coñecemos hoxe. O que normalmente se encargaba de dirixir era o intérprete do primeiro violín, do clavicémbalo ou do órgano. Era coñecido co nome de mestre de concerto e dirixía sentado no lugar onde estaba tocando.
Unha formación orquestral media estaba formada aproximadamente por vintecinco músicos. Violíns, violas, violonchelos e contrabaixo formaban a seccion de cordas. Frauta, oboe e trompeta a sección de vento, un ou dous clavicembalos e algún que outro instrumento máis que podía ser variable.
jueves, 14 de marzo de 2013
A MÚSICA NO S. XVII: O BARROCO
O estilo musical dominante en Europa
nesta época é o BARROCO, que abarca aproximadamente desde o
nacemento da ópera (arredor do ano 1600) ata a morte de Johann
Sebastian Bach no 1750.
A meirande parte dos compositores da época barroca traballaban ao servizo de mecenas (persoas con moitos cartos que os mantiñan para que puideran adicarse totalmente a compoñer). Ao longo dos vindeiros meses traballaremos os seguintes:
De ALEMANIA : BACH e Telemann.
De INGLATERRA: HAENDEL e Purcell
De ITALIA: VIVALDI e Monteverdi
De FRANCIA: LULLY e Charpentier.
De ESPAÑA: Francisco Correa de Arauxo.
Falaremos da importancia da improvisación e do baixo continuo, da primeira ópera (Orfeo de Monteverdi), escoitaremos as obras máis representativas da época, investigaremos sobre os instrumentos que formaban parte da orquestra barroca, dos seus luthiers e das danzas da época. Tamén investigaremos sobre a música que se facía en Galicia...pero coido que xa vos estou adiantando demasiado. Polo de agora deixovos que lle vaiades dando xa a benvida á Primavera...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


