Etiquetas

Mostrando entradas con la etiqueta PROXECTO ANTONIO FRAGUAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PROXECTO ANTONIO FRAGUAS. Mostrar todas las entradas

domingo, 20 de enero de 2013

MOTIVO DO BLOGUE

Este blogue quere amosar os traballos realizado co premio otorgado pola FUNDACIÓN ANTONIO FRAGUAS do MUSEO DO POBO GALEGO ao Proxecto Didáctico “ FORTES DA GUERRA DE RESTURACIÓN EN VILANOVA DE CERVEIRA E TOMIÑO, PATRIMONIO INMATERIAL”.
No Proxecto didáctico participan alumnos e mestres de Vilanova de Cerveira e Tomiño.
Este traballo quere tomar como centro de interese os fortes que se construíron durante a Guerra de Restauración Portuguesa do século XVII que deu lugar a independencia de Portugal.
No concello de Tomiño hai restos de cinco fortes dese momento, tres dos mesmos en aceptable estado de conservación, que deixaron pegadas na vida e tradicións do concello. Nas parroquias que achegan alumnos o noso centro, Figueiró e Goián concentran catro dos cinco fortes do concello. Ó mesmo tempo a localidade portuguesa que ocupa a marxe contraria do río é Vilanova de Cerveira, conserva parte das murallas da localidade e un forte na freguesía de Lovelhe, mesmo no remate da ponte internacional.
Nestes últimos anos vense poñendo en valor as edificacións, gracias a un Plan Director de Fortalezas, que non sabemos se segue activo. Neste plan recupéranse algúns dos edificios pero deixa de lado o patrimonio inmaterial resultante deses momentos. Pretendemos recuperar as lendas, contos, alcumes , topónimos, ou calquera outro vestixio que na actualidade sexa recuperable tanto no concello como no país veciño, revisando a toponimia oficial xa recollida na zona dos fortes e comparándoa coa que conservan as persoas de idade avanzada.
Como obxectivos fundamentais planéanse os seguintes:
  • Recuperación de topónimos
  • Recuperación de termos na fala goianesa.
  • Fomentar o coñecemento e a relación de galegos e portugueses
  • Recuperación do patrimonio material e inmaterial
  • Fomentar o afán investigador no alumnado
  • Fomentar o respecto as nosas costumes e tradicións
A tarefa é urxente pois co abandono  do campo para ir traballar ao sector servizos a Vigo e o troco no réxime de propiedade: moitos terreos alugados por adegas para cultivo da viña ou por viveiros para todo tipo de plantas aproveitando o clima especial da zona, trocan o minifundio por longas extensións de cultivo, o fenómeno urbanístico dos últimos anos afectou tanto a construcións como a nomes de lugares: novas rúas e novos nomes; a chegada a localidade de familias  na busca de residencias a “prezo accesible”, con descoñecemento da historia e dos costumes locais axudan a forte penetración do castelán e propicia o abandono, e polo tanto esquecemento, dos topónimos e outros bens inmateriais.