Mostrando entradas con la etiqueta oficios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta oficios. Mostrar todas las entradas

jueves, 27 de junio de 2013

Os cantos, coplas e romances de cego.

      Coincidindo cos Séculos escuros e a decadencia do uso culto da lingua e cultura galega, a música tradicional pasa a ter unicamente como vía de transmisión a oral, e non podemos máis que reconstruíla a través das panxoliñas, cantos de berce, de cego e outras mostras musicais que chegaron até a actualidade. É por isto que escollemos os cantos de cego como representante da música popular do século XVII para o desenvolvemento do proxecto no ábito musical nestes últimos meses de curso. 

     Xa no mesmo códice calixtino aparecen referenciados músicos cegos animadores do camiño de santiago. Esta vía de peregrinaxe vai tamén enriquecer o desenvolvemento dos romances. Os instrumentos típicos destes cantos son o violín ou a zanfona, e ás veces levaban acompañantes (en ocasións levando estes percusión) e así xuntos ían ás festas e romarías, lugares de encontro da nosa xeografía co soporte inconfundible das súas historias e sucesos, mesmos crimes. Para que a xente non perdera o fío do que se estaba narrando As persoas invidentes levaban un ou varios cartelóns grandes, chamados maltrañas, que representaban imaxes do relato que ía cantando o intérprete. No cartelón, o “moinante" (rapaz ou persoa que levaba a maltraña e guiaba ao cego) ía sinalando co punteiro o debuxo do texto que relataba o cantor e o texto escrito correspondente que acostumaba estar na parte inferior do debuxo.
 
      Eran moi populares, sobre todo cando noutrora non existían os medios de comunicación de masas.Os seus romances e coplas foron gardados na memoria e transmitidos de xeración en xeración ata os nosos días.

      Foi Tino Baz neste caso o que durante a nosa Semana das Letras instroduciunos no coñecemento deste tipo de  xograres e nos fixo partícipes de moitos cantos. Xunto a el preparamos o noso propio romance. Escollemos o poema de Darío Xohan Cabana "A historia da lingua", adaptámolo e debuxamos as coplas para a maltraña. O resultado foi o seguinte. Grazas Tino, un pracer aprender contigo.






     

viernes, 24 de mayo de 2013

MÁIS OFICIOS

SÉCULO XVII, oficios, artesáns, cantar de cego, … esta semana das letras non podía ser doutro xeito. 
Argallamos a maneira de poder achegar ao alumnado aos antigos oficios, algúns dos poucos que quedan e que aínda se conservan. 

Aproveitamos para dar as GRAZAS a todos e todas aqueles que contribuiron a que esta semana fora tan iliustrativa.

 

martes, 14 de mayo de 2013


OLEIROS

Despois de tanto tempo esperando, por fin, OS OLEIROS chegaron ao cole.

Dende NIÑODAGUIA chegounos barro do bo, imaxes e a información precisa 
para poder comezar.

 

Montamos un pequeno expositor 
 onde se recollen os pasos que hai que ir dando para ter rematada 
unha peza de barro.  





PASOS A SEGUIR

1.- EXTRAER A ARXILA
 
2.- TRITURALA



3.- PASALA POLA AMASADORA para quitarlle as burbullas.
5.- SECADEIRO sécase atemperatura ambiente
4.- TORNO, con ou sen molde
6.- FORNO, onde se cocen as pezas



7.- PEZA REMATADA
 



Tamén puidemos ver as imaxes dos fornos antigos,
fornos comúns que eran empregados por todo o pobo e que ían con CODIA DE CARBALLO ou TOXO.










Unha vez que asentamos todas estas ideas, madurámolas e comezamos co traballo máis creativo.




GRAZAS AOS OLEIROS DO PAÍS, GRAZAS AQUILINO'S &VANESA.

jueves, 25 de abril de 2013

PESCADORES 

Iniciámonos neste oficio visitando, en Vilanova de Cerveira, un coidado e exquisito AQUAMUSEU, museo que recolle en nove aquarios os diferentes peixes que podemos atopar no Río Miño así como unha sala onde aparecen os diferentes aparellos de pesca que se levan empregando dende hai décadas.


Aquamuseu    Vilanova de Cerveira

Pero, sen dúbida, unha das imaxes que máis nos gustou foi poder disfrutar uns minutos coa parella de LONTRAS, único mamífero en perigo de extinción que convive no río con outro tipo de animais. Así a vimos:
 



Xa mergullados neste oficio comezamos a nosa particular exposición sobre todo o que aprendimos. Xurdiron termos como: nacemento do Río Miño, Océano Atlántico, zona alta, media, baixa e estuario, pesqueira, caneiros, nasas, rede, viturón, esparavel, carocho ... A todo esto, ademáis de darlle nome demos explicación e deseñamos ilustracións para o noso mural.
Aquí tedes o proceso:










 









 












 Para complementar o traballo fixemos un CAROCHO



ou polo menos intentámolo.

Finalmente e, para dar por rematado o traballo de investigación tivemos a sorte de poder contar cun invitado de excepción, MANUEL, pescador dende case antes de nacer, coñecedor de boas artes e maneiras, e, que non tivo reparo en contarnos e mostrarnos como e en qué consiste esta cada vez máis complexa e castigada ARTE DA PESCA.

Estas son algunhas das imaxes coas que nos quedamos:


 

Manuel trouxonos ao colexio unha fermosa rede  que empregan para a pesca.
Xa que a tiñamos a man, aproveitámola para colgar os peixes que fumos vendo ao longo deste traballo: LAMPREA, SOLLA, TROITA, SALMÓN (disque é o rei do río), ANGUÍA ...

MANUEL E ENLACE, MOITAS GRAZAS POLA COLABORACIÓN!!

lunes, 8 de abril de 2013

OFICIOS


Inmersos no século XVII, o alumnado de 1º estamos a ver os oficios desta época. Traballaremos con PINTORES, con PESCADORES, falaremos sobre os ALFAREIROS e TELLEIROS, visitaremos un PANADEIRO e coñeceremos cómo tecían e elaboraba a roupa as TECEDORAS.

“A aprendizaxe dun oficio no século XVII facíase mediante contrato ante un escribán e , cando o aprendiz estaba apto, o maestro que o mantuvo dáballe un traxe completo e alguna ferramenta de oficio para que se puidese gañar a vida.
O maestro percibía unha cantidade que variaba de 10 a 50 ducados durante o tempo de aprendizaxe pero tiña que manter e vestir ao alumno. Ninguén podía desempeñar un oficio sen estar previsto de carta de exame firmada polo alcalde e signada polo escribán”.

PINTORES
Ao longo deste século destacaron pintores e alguna pintora famosa polas súas obras e talento artístico.
Vimos ao sevillano BERTOLOMÉ ESTEBAN MURILLO e a obra "SAGRADA FAMILIA DEL PAJARITO", así como á portuguesa JOSEFA DE OVIDOS e a obra "CORDERO PASCUAL".
Pero o tema central xirou arredor do gran pintor VELÁZQUEZ e o seu cadro "AS MENINAS". 
 

Arredor do tema da pintura e deste cadro en particular xorden termos novos que traballamos arreo. Palabras como LIENZO, ÓLEO, PALETA, ESPÁTULA, MENINAS, NOBREZA, etc.

Finalmente fixemos a nosa obra particular tomada do mesmo VELÁZQUEZ e pintamos á INFANTA MARGARITA.
Aquí tedes o proceso:


 
 

 E O RESULTADO FINAL

 ESTA É A IMAXE DA NOSA PARTICULAR EXPOSICIÓN DA 
PINTURA DO SÉCULO XVII



Aproveitando o traballo de PINTORES, tivemos unha visita na aula, o ilustrador galego ORBALLO. Despois de contarnos en que consiste o seu traballo convertémonos en ilustradores por un día e demos forma a un conto que empregaremos de introducción ao novo oficio que imos traballar. 

Aquí queda o conto que relata diversas historias no RÍO MIÑO de un neno chamado MARIO e unha nena que se chama MARÍA. 
O seguinte oficio do que xa teredes máis información é o de PESCADORES.