E xa que durante o desenvolvemento deste proxecto estudamos os diferentes oficios e estamentos sociais quixemos aproveitar a saída de fin de curso do Segundo Ciclo de Educación Primaria á vila costeira de Baiona para profundizar na súa Danza de Espadas. A primeira noticia escrita que se ten sobre este baile
figura nun documento que se conserva no arquivo municipal que data
do ano 1595. A danza debe a súa orixe ao antigo gremio de mareantes, de histórica
tradición nesta Real Vila. Pode ser bailada por casi 50 homes
que portan unhas espadas coas que compoñen distintas figuras. O resultado da montaxe da danza por parte do alumnado de 3º de Ed. Primaria amosámolo no Festival de Verán do cole e quedou do seguinte xeito. Grazas Anxo.
BLOGUE DO PREMIO PROXECTO DIDÁCTIO PRIMARIA 2012 DA FUNDACIÓN ANTONIO FRAGUAS DO MUSEO DO POBO GALEGO
Etiquetas
- alcumes (1)
- alcunhas (1)
- canto de cego (1)
- contos (4)
- curiosidades (1)
- Danza de Espadas (1)
- emigración (1)
- Entroido (1)
- Exposición (1)
- FIASTA (1)
- GOIAN F.C. (1)
- gremios (1)
- historia (1)
- instrumentos musicais (1)
- lendas (3)
- liña do tempo (1)
- mulleres (2)
- música (5)
- oficios (5)
- orquestra barroca (1)
- Plan Proxecta (3)
- PROXECTO ANTONIO FRAGUAS (1)
- Stop Motion (1)
- TEATRO (1)
- toponimia (2)
- xogos (1)
viernes, 27 de septiembre de 2013
martes, 24 de septiembre de 2013
XOGOS DO SÉCULO XVII
O xogo nos animais, entre eles o home,
cumpre unha función de integración do entorno no que se desenvolve
o infante, preparando a estes para o desenvolvemento na vida adulta.
Os alumnos de cuarto coa dirección do
mestre Miguel Romero estudaron os xogos no século XVII, elaborando
un mural e un vídeo sobre o tema.
jueves, 27 de junio de 2013
Os cantos, coplas e romances de cego.
Coincidindo cos Séculos escuros e a decadencia do uso culto da lingua e cultura galega, a música tradicional pasa a ter unicamente como vía de transmisión a oral, e non podemos máis que reconstruíla a través das panxoliñas, cantos de berce, de cego e outras mostras musicais que chegaron até a actualidade. É por isto que escollemos os cantos de cego como representante da música popular do século XVII para o desenvolvemento do proxecto no ábito musical nestes últimos meses de curso.
Xa no mesmo códice calixtino aparecen referenciados músicos cegos animadores do camiño de santiago. Esta vía de peregrinaxe vai tamén enriquecer o desenvolvemento dos romances. Os instrumentos típicos destes cantos son o violín ou a zanfona, e ás veces levaban acompañantes (en ocasións levando estes percusión) e así xuntos ían ás festas e romarías, lugares de encontro da nosa xeografía co soporte inconfundible das súas historias e sucesos, mesmos crimes. Para que a xente non perdera o fío do que se estaba narrando As persoas invidentes levaban un ou varios cartelóns grandes, chamados maltrañas, que representaban imaxes do relato que ía cantando o intérprete. No cartelón, o “moinante" (rapaz ou persoa que levaba a maltraña e guiaba ao cego) ía sinalando co punteiro o debuxo do texto que relataba o cantor e o texto escrito correspondente que acostumaba estar na parte inferior do debuxo.
Eran moi populares, sobre todo cando noutrora non existían os medios de comunicación de masas.Os seus romances e coplas foron gardados na memoria e transmitidos de xeración en xeración ata os nosos días.
Foi Tino Baz neste caso o que durante a nosa Semana das Letras instroduciunos no coñecemento deste tipo de xograres e nos fixo partícipes de moitos cantos. Xunto a el preparamos o noso propio romance. Escollemos o poema de Darío Xohan Cabana "A historia da lingua", adaptámolo e debuxamos as coplas para a maltraña. O resultado foi o seguinte. Grazas Tino, un pracer aprender contigo.
viernes, 24 de mayo de 2013
MÁIS OFICIOS
SÉCULO XVII, oficios, artesáns, cantar de cego, … esta semana das letras non podía ser doutro xeito.
Argallamos a maneira de poder achegar ao alumnado aos antigos oficios, algúns dos poucos que quedan e que aínda se conservan.
Aproveitamos para dar as GRAZAS a todos e todas aqueles que contribuiron a que esta semana fora tan iliustrativa.
martes, 14 de mayo de 2013
OLEIROS
Despois de tanto tempo esperando, por fin, OS OLEIROS chegaron ao cole.
Dende NIÑODAGUIA chegounos barro do bo, imaxes e a información precisa
para poder comezar.
Montamos un pequeno expositor
onde se recollen os pasos que hai que ir dando para ter rematada
unha peza de barro.
PASOS A SEGUIR
![]() |
| 1.- EXTRAER A ARXILA |
![]() |
| 2.- TRITURALA |
![]() |
| 3.- PASALA POLA AMASADORA para quitarlle as burbullas. |
![]() | ||||
| 5.- SECADEIRO sécase a | temperatura ambiente |
![]() |
| 4.- TORNO, con ou sen molde |
![]() |
| 6.- FORNO, onde se cocen as pezas |
7.- PEZA REMATADA
Tamén puidemos ver as imaxes dos fornos antigos,
fornos comúns que eran empregados por todo o pobo e que ían con CODIA DE CARBALLO ou TOXO.

Unha vez que asentamos todas estas ideas, madurámolas e comezamos co traballo máis creativo.
jueves, 25 de abril de 2013
PESCADORES
Iniciámonos neste oficio visitando, en Vilanova de Cerveira, un coidado e exquisito AQUAMUSEU, museo que recolle en nove aquarios os diferentes peixes que podemos atopar no Río Miño así como unha sala onde aparecen os diferentes aparellos de pesca que se levan empregando dende hai décadas.
![]() |
| Aquamuseu Vilanova de Cerveira |
Pero, sen dúbida, unha das imaxes que máis nos gustou foi poder disfrutar uns minutos coa parella de LONTRAS, único mamífero en perigo de extinción que convive no río con outro tipo de animais. Así a vimos:
Xa mergullados neste oficio comezamos a nosa particular exposición sobre todo o que aprendimos. Xurdiron termos como: nacemento do Río Miño, Océano Atlántico, zona alta, media, baixa e estuario, pesqueira, caneiros, nasas, rede, viturón, esparavel, carocho ... A todo esto, ademáis de darlle nome demos explicación e deseñamos ilustracións para o noso mural.
Para complementar o traballo fixemos un CAROCHO
ou polo menos intentámolo.
Finalmente e, para dar por rematado o traballo de investigación tivemos a sorte de poder contar cun invitado de excepción, MANUEL, pescador dende case antes de nacer, coñecedor de boas artes e maneiras, e, que non tivo reparo en contarnos e mostrarnos como e en qué consiste esta cada vez máis complexa e castigada ARTE DA PESCA.
Estas son algunhas das imaxes coas que nos quedamos:
Manuel trouxonos ao colexio unha fermosa rede que empregan para a pesca.
Xa que a tiñamos a man, aproveitámola para colgar os peixes que fumos vendo ao longo deste traballo: LAMPREA, SOLLA, TROITA, SALMÓN (disque é o rei do río), ANGUÍA ...
MANUEL E ENLACE, MOITAS GRAZAS POLA COLABORACIÓN!!
domingo, 21 de abril de 2013
PLANTACIÓN
Logo de pasar o diluvio, sae o sol e
imos a poder ter unha xornada de plantación. Todo o curso coidando
nas plantas para ver chegar este momento.
Plantamos en dous lugares
distintos coa colaboración dos axentes do SEPRONA e da Comunidade de Montes de Goián que nos
apoiou dun xeito insuperable, aproveitamos para darlle as gracias e decirlles que estaban moi bos os bocatas e o chocolate.
Nun terreo da Comunidade de Montes
próximo a escola fixemos o viveiro de plantas das landras de
carballo e sobreira recollidas no Forte de San Lourenzo e que
transplantaremos o curso que ven. Noutro tamén próximo a escola
fixemos outra plantación con árbores aportadas pola Comunidade de
Montes.
Saímos todos da escola e ao chegar ao semáforo do Punto dividímonos para cada lugar de plantación.
Empezamos explicando e organizando o
traballo de marcar e facer furados, os maiores apandaron co maior
esforzo.
Rematada a primeira quenda, cambiaron os grupos de lugar de plantación
e chegaron os de 1º e 3º que plantaron por parellas de
distintos cursos.
Unha vez rematada a tarefa, recollido
todo o lixo e regadas as plantas, volvemos a escola cansados, pero
impacientes por transplantar os carballos e sobreiras o curso que
ven.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







